27 mar 2012

MEDRAN AS HORTALIZAS...

Grazas aos coidados dos alumnos e profesores de infantil e primaria os sementeiros van medrando pouco a pouco:

24 mar 2012

PREPARACIÓN DA HORTA

O xoves 22 de marzo, pola tarde, os alumnos de 1º da ESO colaboraron con moito afán na limpeza da horta e na renovación da terra para os próximos transplantes que se levarán a cabo no mes de maio.
¡MOITAS GRAZAS!

17 mar 2012

SEMENTEIROS EN E. INFANTIL (II)

O venres 16 de marzo fixemos os sementeiros nas aulas de 3 anos de E. Infantil. Colaboraron 36 alumn@s de 3º, 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato. ¡Pasárono de cine! Mirade as montaxes...


SEMENTEIROS EN 1º E 2º DE PRIMARIA

O mesmo día que nas aulas de tres anos, os nosos colaboradores axudaron aos alumnos de 1º e 2º de primaria a sementar as súas hortalizas.      ¡MOITAS GRAZAS OUTRA VEZ!

15 mar 2012

CHARLA DO SEPRONA SOBRE OS INCENDIOS FORESTAIS PARA PRIMARIA

O mércores 14 de marzo, José Luis de la Fuente, Cabo 1º da Garda Civil, impartiu dúas charlas sobre os incendios forestais para os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria e para 4º, 5º e 6º de Primaria.


10 mar 2012

SEMENTEIROS EN E. INFANTIL (I)

O venres 9 de marzo fixemos os sementeiros nas aulas de 4 e 5 anos de Educación Infantil, coa colaboración imprescindible dos alumn@s de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de bacharelato.
¡MOITAS GRAZAS A TOD@S!


1 mar 2012

ACTIVIDADE DO PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS 4º ESO

@s alumn@s de 4º de ESO disfrutaron da actividade didáctica para o mellor coñecemento do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas, os días 28 e 29 de febreiro. O primeiro día 4ºA e 4ºC e o segundo, 4ºB. Agora toca que vos animedes para participar no concurso do corto...