30 may 2012

A HORTA ESCOLAR NO FARO DE VIGO

O martes 29 maio no suplemento do Faro de Vigo, "A escola do Faro", publicouse unha reportaxe sobre a horta escolar Agadana. A podedes atopar polas corredoiras e nos taboleiros de anuncios das entradas do colexio. Se picades neste enlace veredes a versión dixital:



28 may 2012

MARTA PERDIZ, 2º PREMIO CONCURSO DE DEBUXO

Hoxe soubemos que Marta Perdiz, de 3º C de ESO, é a gañadora do segundo premio do concurso de debuxo "O monte é a nosa vida". Estamos á espera de que veñan ao colexio para facerlle entrega do seu premio.
¡NORABOA MARTA!

24 may 2012

CONCURSO Life + O monte vivo

O pasado día 21 finalizou o prazo para presentar traballos de redacción e de debuxo sobre o monte como tema central. O concurso de redacción era para estudantes de
13-14 anos e o de debuxo para os de 6 a 12 anos. Esperamos que teñades moita sorte e ...
¡Noraboa polos vosos traballos!
Picade neste enlace: http://www.lifeomontevivo.org/

23 may 2012

PLANTAMOS NA HORTA - 8ª XORNADA

Velaiquí o derradeiro turno de plantación: os alumnos de 6ºC-E.P. (Silvia)
remataron a súa parcela transplantando fabas de Mos.




21 may 2012

PLANTAMOS NA HORTA - 7ª XORNADA

Hoxe, luns día 21 de maio, os alumnos de 6º B (Rosalía) e 6º A (Mª Eugenia) de E. Primaria baixaron á horta a plantar cabaciñas. Tivemos unha tarde algo poallenta pero no momento de estar fóra aguantou sen chover. Mirade como quedou a parcela.
Só falta 6º C que baixa o martes a primeira hora.





20 may 2012

VISITA ÁS ILLAS CÍES DE 5º DE PRIMARIA

¡Por fin, por fin, por fin ... e á cuarta foi a vencida!
Despois de tres citas anuladas por razóns climatolóxicas, os alumnos de 5º de primaria e os seus profesores puideron disfrutar desta marabillosa viaxe cara a estas illas paradisiacas o venres 18 de maio. Ademáis, lembrade que as tres aulas de 5º participaron nun concurso de cómics do programa do Parque Nacional das Illas Atlánticas e gañaron como premio a excursión a Cíes. Alí percorreron as illas guiados polo persoal do parque e tiveron un día perfecto.
¡NORABOA POLO PREMIO!

19 may 2012

VISITAMOS O CAMPUS UNIVERSITARIO

O venres 18 de maio todos os alumnos de 1º de bacharelato disfrutaron dunha xornada matinal para coñecer a flora e a fauna do Campus da Universidade de Vigo, situado na zona de Lagoas-Marcosende (Parroquia de Zamáns). Fixemos dous itinerarios polo monte guiados por catro xóvenes licenciados nas áreas de bioloxía, ciencias ambientais e enxeñería forestal. Por certo, un deles, Jacobo Rúa, é un antigo alumno do colexio, da promoción de 2º de bacharelato 2003-04. Entre os catro nos explicaron os distintos tipos de especies vexetais máis habituais na zona e os animais que nos poderíamos atopar por alí, como coellos, raposos, ras, tartarugas e culebras varias. Tamén nos contaron as diversas medidas de actuación para a reforestación do entorno e a diminución dos impactos ambientais que a construcción da Universidade provocou neste tempo.
Tivemos unha mañá algo poallenta, pero como poderedes comprobar nas montaxes
fotográficas o pasamos moi ben e aprendimos moito.


TRANSPLANTAMOS OS SEMENTEIROS - 6ª XORNADA

O venres 18 de maio pola tarde transplantamos as acelgas de 5ºA-E.I. (Sara) e os pementos de 6ºA-E.I. (Pili). ¡Haberá que probalo todo...!



17 may 2012

TRANSPLANTAMOS OS SEMENTEIROS - 5ª XORNADA

O mércores 16 de maio, pola mañán, transplantamos os tomates "cherris" de 2ºB-E.P. (Nati), as cebolas de 3ºA-E.P. (Mª Pilar) e as sandías de 2ºC-E.P. (Ana Bosch). E pola tarde, levamos as espinacas de 5ºC-E.I. (Marina) e as cenorias de 1ºC-E.P. (Raquel).
 ¡Xa son uns expertos da horta!












16 may 2012

SEMENTAMOS E TRANSPLANTAMOS - 4ª XORNADA

O martes 15 de maio pola mañán, baixaron á horta os alumnos de 5ºC-E.P. (Esperanza) e plantaron as patacas, logo transplantaron o millo os de 3ºC-E.P. (Pachi) e sementaron melóns os de 3ºB-E.P. (Diana). Pola tarde, foi o turno dos tomates de 6ºB-E.I. (Ana Piñeiro) e das leitugas de 1ºB-E.P. (David).






15 may 2012

TRANSPLANTAMOS OS SEMENTEIROS - 3ª XORNADA

O luns 14 de maio, pola mañán, transplantamos os cogombros de 5ºB-E.I. (Isabel) e os pementos de 1ºA-E.P. (Marisa). E pola tarde, os alumnos de 5º A e B de E. Primaria baixaron para sementar os bulbos de cebolas e os chícharos, respectivamente. ¡Traballaron dabondo! ¡ Mirade, mirade!





12 may 2012

TRANSPLANTAMOS OS SEMENTEIROS - 2ª XORNADA

O venres 11 de maio fixemos os transplantes dos sementeiros de varias aulas.
A continuación tedes as montaxes fotográficas de cada curso por orde cronolóxica:
as acelgas de 4ºB-E.I.(Ana Lago), os tomates de 2ºA-E.P. (Rebeca),
os rabaniños de 4ºC-E.I. (Raquel), as remolachas de 4ºA-E.I. (Tere-Noelia)
e as berenxenas de 6ºC-E.I. (María Prieto).






11 may 2012

¡IMOS Á HORTA!-1ª XORNADA

Os alumnos de 4ºA (Juan Carlos), 4ºB (Miguel) e 4ºC (Elena) de E. Primaria baixaron o xoves 10 de maio a sementar as pipas de xirasol que recolleron da colleita do curso pasado.

1 may 2012

CHARLA CLASES SEN FUME 2012

Como vos anunciabamos, o luns 30 de abril a Dra. Victoria Aldea impartiu dúas charlas sobre os efectos do tabaco para os alumnos de 1º de ESO e de 2º de ESO, respectivamente. Foron diferentes, xa que os alumnos de 2º xa asistiron o curso pasado á charla correspondente ao seu nivel. Aquí están as fotos das sesións. Non quero esquecer os eloxios de Victoria para os nosos alumnos, posto que quedou encantada coas súas preguntas e co seu comportamento e interese.
¡NORABOA! ¡AGADANA VOS FELICITA TAMÉN!

Clases sen fume