30 nov 2012

25 nov 2012

MAGOSTO 2012

Hola a tod@s! Adiántovos algunha foto do Magosto celebrado o venres 23 de novembro. Cando teña todas as fotas prepararei as montaxes para que disfrutedes delas. Tivemos a sorte de que nos acompañaron as previsións meteorolóxicas e non choveu ata que rematou a festa, ainda que tivemos un pequeno susto...
GRAZAS A TOD@S OS PROFES E COLABORADORES DE ESO E BACHARELATO!


 



23 nov 2012

OBRADOIRO "OS NOSOS BOSQUES"

O xoves 22 os alumnos de 1º da ESO disfrutaron aprendendo sobre os froitos, follas e outras curiosidades das árbores autóctonas galegas. Unha actividade gratuita do Servivio de Normalización lingüística impartida polos técnicos medioambientais do Concello de Vigo no colexio.

19 nov 2012

ENERXÍA 3D

@s alumn@s de 3º e 4º de ESO disfrutaron da proxección da película ENERXÍA 3D nos cines da Plaza elíptica, o xoves 15 de novembro. O tema central da mesma era dar a coñecer os distintos tipos e usos das enerxías, renovables e non renovables, e a maneira de conseguir o máximo aforro enerxético.


  

Logotipo Ministerio de industria, energía y turismo. Logotipo IDAE. Compromiso público con la Eficiencia Energética y las Energías Renovables


7 nov 2012

AGADANA + BIBLIOTECA

Desde este mes e aplicando o obxectivo deste curso escolar ("Tender a man"), a Biblioteca do colexio e Agadana presentarán os compromisos ecolóxicos do grupo cunha exposición de obras literarias e didácticas para convidar a alumn@s e profes a visitar a biblioteca na búsqueda de información e coñecemento.
"Biblioteca e Agadana xuntas"