28 abr 2014

BLOG ACTUALIZADO

Xa podedes ver as últimas entradas neste blog. Todo o mes de abril está listo.
Un saúdo a tod@s!

27 abr 2014

SEMENTEIROS DE INFANTIL E PRIMARIA

Xa vai quedando menos para poder ir á horta AGADANA a transplantar as nosas hortalizas. Esperemos que deixe pronto de chover e poidamos limpar e arar a terra!
Así estaban os nosos sementeiros o venres 25 de abril:



25 abr 2014

CONCURSO AQUALIA

Os alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria participarán no concurso de debuxo dixital que convoca Aqualia este curso e leva por título: "A AUGA NECESITA DE HEROES COMA TI"
A participación poderá ser individual e/ou colectiva. O plazo remata o 5 de maio.



24 abr 2014

SEMENTEIROS DE CHÍCHAROS

Sementamos chícharos en botellas grandes de plástico, ben pegadiños ás paredes para
poder observar o crecemento das raíces. Esto foi o 3 de abril:


O 7 de abril comenzaban a sair as raíces e a brotar:



Dous días máis tarde, o 7 de abril:



Outros dous días máis tarde, venres 11 de abril, vacacións de Semana Santa:



Á volta de Semana Santa:





12 abr 2014

FLORES DE CORES

En ciencias da natureza de 1º ESO experimentamos con aditivos alimentarios de diversas cores diluidos na auga para comprobar como as flores absorbían auga a través do seu talo. As puxemos nos tubos de ensaio o 4 de abril, así:


Estas son as fotos das flores o 7 de abril. Parece que levan puntilla de encaixe:


Dous días máis tarde, o 9 de abril:


E estas outras as do venres 11 de abril, día no que as levamos para casa:



11 abr 2014

"E SE CHOVE... QUE CHOVA!"

Esta é a exposición das maquetas do "Ciclo da Auga" que fixeron os alumnos de 1º de ESO nas clases de Ciencias da Natureza.


2 abr 2014

ACCIÓN MEDIOAMBIENTAL 4º ESO

Para realizar unha acción medioambiental no marco do programa VOZ NATURA deste curso (Rios e praias en boas mans), AGADANA organizou unha saída cos alumnos de 4º ESO ao Río Lagares. Grazas aos monitores e os voluntarios do programa Camiño a camiño do Concello de Vigo aprendimos que hai moitas especies de plantas invasoras nas beiras deste río. Pero tivemos moi mala sorte co tempo e non paraba de chover, así que tivemos que acortar a estancia con este grupo de voluntarios e monitores tan amables e con tanta experiencia...
Unha lástima! Outra vez será! Espero...!




1 abr 2014