26 oct 2014

SAÍDA DE 4ºA DE PRIMARIA

Os alumnos de 4ºA de E. Primaria visitaron o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas  o xoves 23 de outubro e aprenderon moitísimas cousas sobre o noso Parque Nacional. Ademáis, tiveron a sorte de recibir unha camiseta cada un, xa que, ese día inauguraron o novo curso de actividades. Así de ben o pasaron:


23 oct 2014

SAÍDA de 5ºA e 5ºB de PRIMARIA

Os alumnos de 5ºA e 5ºB de E.Primaria visitaron onte o Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nesta montaxe fotográfica os podedes ver en acción, aprendendo e divertíndose:

16 oct 2014

DIA DA ALIMENTACIÓN

Hoxe, 16 de outubro, é o Dia Mundial da Alimentación.  A FAO publica un artigo sobre como cambiar os nosos habitos alimentariosmde cara a unha alimentacion máis sana e ademáis, con menor impacto no noso planeta.
O seu lema é: "ALIMENTAR AO MUNDO, COIDAR O PLANETA"
Lé o seu artigo, é moi interesante!


13 oct 2014

CONFERENCIA DE EMILIO VARELA

O venres 10 de outubro os alumnos de 3º-4º ESO e os de 1º-2º BCHTO. tiveron unha xornada matinal de conferencia, proxección e coloquio impartida por Emilio Varela,
periodista especializado en temas medioambientais e que xa estivo noutras ocasións con nós.
A charla titulada "OURO IMPURO", tivo como obxectivo informar, mentalizar e concienciar a todos os que alí estabamos sobre o dano da megaminería industrial na nosa terra. As posibles explotacións de ouro na zona norte galega quedaron paralizadas grazas ás mobilizacións do pobo.


Actividade subvencionada pola ANPA.

9 oct 2014

ACTIVIDADE MEDIOAMBIENTAL

MAÑÁ, VENRES 10 DE OUTUBRO, OS ALUMNOS DE 3º-4º ESO E 1º-2º BCHTO. PODERÁN DISFRUTAR DUNHA CHARLA-COLOQUIO A CARGO DO PERIODISTA
EMILIO VARELA, ESPECIALISTA EN TEMAS MEDIOAMBIENTAIS.

MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE PAIS POR SUBVENCIONAR ESTA ACTIVIDADE!