29 nov 2014

MAGOSTO 2014

A PESARES DO MAL TEMPO DA MAÑÁN, QUEDOU UNHA BOA TARDE DESPEXADA PARA PODER CELEBRAR CON ÉXITO O MAGOSTO ECOLÓXICO AGADANA 2014.
GRAZAS A TODOS OS ALUMNOS DE 1º DA ESO POLA DECORACIÓN DO PATIO, A TODOS OS PROFESORES DE INFANTIL E PRIMARIA POLO SEU BO TRABALLO DE PREPARACIÓN DA ACTIVIDADE, AOS ASADORES DAS CASTAÑAS: Miguel, Carlos, Nacho, Liñares, Eduardo, Óscar e Juan, ÁS PROFES COLABORADORAS: Lucía, Chús, María, Cris e Rosa A. E, AS GRAZAS MÁIS ESPECIAIS PARA TODOS OS ALUMNOS DE 3º-4º ESO E 1º-2º DE BACHARELATO, XA QUE SIN ELES NON PODERÍAMOS REALIZAR ESTE EVENTO TAN IMPORTANTE E TAN  NUMEROSO.


GRAZAS A TOD@S!!


E GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DO COLEXIO POR SUBVENCIONAR ESTE MAGOSTO!












28 nov 2014

HOXE HAI MAGOSTO!

Hoxe pola tarde faremos o MAGOSTO ECOLÓXICO!!
Cruzade os dedos para que deixe de chover cedo... Non vos preocupedes!!
 Hai PLAN B!! 
AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES COMA SEMPRE!
VIVA O MAGOSTO!



27 nov 2014

6º E. PRIMARIA NA GRANXA KIRIKO

XA ESTÁN ALÍ DISFRUTANDO DA ACTIVIDADE "OS SEGREDOS DOS ALIMENTOS"
TODOS OS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA!!!!
E XA TEMOS AS PRIMEIRAS FOTOGRAFÍAS!!!






COMENDO EN KIRIKO:



XOGANDO DESPOIS DO XANTAR:



VISITANDO AOS ANIMAIS:






14 nov 2014

CONCURSO DE RELATOS

Os alumnos de 3º ESO, Paula Barreiro, André Costas e María López-Chaves, participaron no 7º Concurso de Relatos CIENCIA QUE CONTA 2014.
O prazo de presentación de traballos conclúe mañá día 15 e agora toca esperar ao veredicto do xurado. GRAZAS Virginia pola túa colaboración!
Moita sorte rapaces e GRAZAS polo voso interese!
AGADANA coa CIENCIA!

Ciencia que Conta logo


13 nov 2014

O MAGOSTO TERÁ QUE ESPERAR...

Supoño que todos estariades esperando con gañas a tarde do MAGOSTO ECOLÓXICO, pero debido ás alertas amarelas por chuvias que se esperan para hoxe e mañán non poderemos realizar o magosto ata que veña mellor tempo.
Xa os avisaremos! Vós deixade as castañas na neveira ata o día que o fagamos!


SAÍDA DE 3ºA E 3ºB DE E. PRIMARIA

Onte pola mañán, os alumnos de 3ºA e 3ºB de primaria visitaron o Centro de Interpretación das Illas Atlánticas. Foi unha xornada moi divertida e de moita aprendizaxe sobre as curiosidades do Parque Nacional; todos, profes e nenos, disfrutraron a tope!!


7 nov 2014

SAÍDA DE 6ºB E 6ºC DE PRIMARIA

Hoxe, os alumnos de 6ºB e 6ºC de E. Primaria baixaron cara ao Casco Vello en busca do Edificio Cambón, onde se atopa o Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Realizaron varias actividades para coñecer mellor esta riqueza natural que temos en Galicia:


5 nov 2014

SAÍDA DE 4ºB E 4ºC E. PRIMARIA

Os alumnos de 4ºB e 4ºC de E. Primaria visitaron hoxe o Centro de Interpretación do Parque Nacional Illas Atlánticas que ten a súa sede no Edificio Cambón, no Casco Vello. Alí aprenderon e disfrutaron das actividades programadas polos guías do Parque:


SAÍDA DE 5ºC E 6ºA DE PRIMARIA

Onte, o centro de Visitantes das Illas Atlánticas contou de novo coa visita dos nosos alumnos. Esta vez tocoulle o turno a 5ºC e a 6ºA de E. Primaria.


4 nov 2014

CANCIÓN DO MAGOSTO

Ola a tod@s!
A nosa compañeira e profe de infantil María Prieto envioume esta canción do MAGOSTO que é fermosísima e estaría ben que todos a cantasemos para a nosa próxima festa da castaña...Que vos parece?
Ahí vola deixo para que a aprendades!!



1 nov 2014

COMPROMISO ECOLÓXICO NOVEMBRO

Agadana e a Biblioteca temos un recuncho compartido no 1º andar do pavillón de primaria, no que vos presentamos cada mes o compromiso ecolóxico e lector.