24 jun 2013

VIDEOS AGADANA

Adiántovos un video adicado a toda a plantación realizada na horta escolar.
Aproveito para desexarvos a TOD@S un FELIZ VERÁN!

20 jun 2013

NOVA EDICIÓN PROGRAMA VOZ NATURA

Xa estamos admitidos na nova edición do Programa Medioambiental VOZ NATURA, no que levamos participando xa 5 anos. ¡Moitas grazas pola axuda prestada!

¡NORABOA Á GAÑADORA DO CONCURSO AQUALIA!

Helena Labandeira Campos, de 3ºC de E. Primaria foi a gañadora do concurso de debuxo sobre a auga organizado, como todos os anos por AQUALIA.
¡NORABOA HELENA, POLO TRABALLO BEN FEITO!

¡NORABOA AOS GAÑADORES DO CONCURSO O MONTE É A NOSA VIDA!

Os alumnos de 1º A ESO, Gonzalo Álvarez, Rodrigo Gómez, Iago Saavedra e Manuel Domínguez, foron os gañadores do concurso de debuxo "O monte é a nosa vida", organizado pola Confederación de Empresarios da Madeira e a Xunta de Galicia. O traballo o realizaron na materia de Plástica, impartida por Cristina Rodríguez.
¡Noraboa a TOD@S!
No minuto 13 do telexornal que vos adxunto tedes a entrevista aos nosos artistas ecolóxicos.

19 abr 2013

SEMENTAMOS EN INFANTIL E PRIMARIA

O venres 12 de abril fixemos os sementeiros en todas as aulas de E, Infantil e en 1º, 2º e 3º de E. Primaria. Realizáronos grazas a axuda inestimable de alumn@s de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º de BCHTO., que pasaron a súa tarde libre cos máis pequenos. 
¡A TODOS MOITÍSIMAS GRAZAS!

Velaiquí tedes un avance das fotografías, previo á montaxe que realizarei: