6 dic 2011

1º e 2º ESO PLANTA CASTAÑAS

O pasado luns, día 5, @s alumn@s de 1º e 2º ESO plantaron as súas castañas nos tetrabriks, que reutilizaron como macetas. Estas plantacións, así como as de infantil e primaria, forman parte das actividades deste curso do noso Proxecto para Voz Natura.

4 dic 2011

PLANTACIÓN DE CASTAÑAS EN INFANTIL Y PRIMARIA

O venres 2 de decembro, pola tarde, fixemos as plantacións de castañas en tetrabriks cos alumnos de educación infantil. Participaron nesta xornada 40 colaboradores de AGADANA de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BCHTO. Fixádevos nas fotos, todos o pasaron fenomenal, "pequenos" e"grandes". Tanto é así que ao rematar cos máis cativos, un grupo de colaboradores quixo subir a axudar a tres clases de 1º e 2º de primaria que estaban tamén coa mesma tarefa.
¡MOITAS GRAZAS A TODOS POLO VOSO INTERESE!

30 nov 2011

2º DE ESO NA GRANXA KIRIKO

O pasado xoves 24 de novembro, @s alumn@s de 2º de ESO disfrutaron dunha actividade medioambiental en plena natureza, na Granxa Kiriko, en Fornelos de Montes:
 "A xuventude pola sostenibilidade".
Pasárono de maravilla e aprenderon moitas curiosidades sobre o medio natural,
como podedes comprobar nas seguintes montaxes fotográficas.


















24 nov 2011

1º DA ESO NA GRANXA KIRIKO

O venres 18 de novembro @s alumn@s de 1º da ESO tiveron unha xornada lúdico-educativa relacionada coa SOSTENIBILIDADE na granxa Kiriko. Visitaron todo o entorno e explicáronlles a necesidade de manter o equilibrio co medio natural. Invitáronos a xantar e fixeron obradoiros de reciclaxe. Foi un día moi especial no que as cores do outono destacaron con moita intensidade.


22 nov 2011

AS FOTOS DO MAGOSTO 2011

Aquí tedes as fotos do Magosto, de Nacho e de Marta. Hai moitas, en varias montaxes.
¡A ver se vos atopades por ahí!






































18 nov 2011

MAGOSTO 2011

¡Estaban boísimas! ¡Siiiiiiiiiiiiiiii, as castañas!
Todos os alumn@s de infantil e primaria disfrutaron dun soleado MAGOSTO o xoves 17 de novembro. A asociación de pais, como sempre, financiou os gastos de esta actividade.
Moitas grazas a todos os colaboradores de 1º e 2º de bacharelato e tamén os de 1º da ESO que axudaron en todo momento. Por suposto, moitas grazas a todos os profesores, os asadores e os gaiteiros.
Esta fin de semana teredes a montaxe fotográfica.

16 nov 2011

MAGOSTO 2011

O xoves celebraremos o MAGOSTO para Infantil e Primaria. ¡Será un gran día! ¡Disfrutádeo!

15 nov 2011

CONCURSO DE DEBUXO "OS BOSQUES"

Os 15 alumnos finalistas do concurso de debuxo "Os bosques" foron a Pontevedra a recoller o seu premio. Levaron unha gran sorpresa cando nomearon a Gustavo Vázquez Zapata como un dos gañadores do cheque por valor de 100 euros para gastar nunha librería. ¡Noraboa a todos outra vez!


 

6 nov 2011

CONCURSO DE DEBUXO "OS BOSQUES"

Foron moitos os alumnos participantes no concurso de debuxo "Os bosques", convocado pola Sociedade de Ciencias de Galicia, a Misión Biolóxica de Galicia (CSIC), o Liceo Casino de Pontevedra e a Asociación Forestal de Galicia. As idades dos participantes do noso colexio comprendían desde os 6 aos 11 anos, e os 15 finalistas de Compañía de María son: María Carreira, Adriana Avellanal, Alba Gómez, Alejandro García, África Llanes e Helena Labandeira (6-7 anos); Diego Pérez, Sergio Ferreira e Valeria Iglesias (8-9 anos); María Calderón, Rafa Banguese, Carmen González, Candela Álvarez, Gustavo Vázquez e Julia Vázquez A. (10-11 anos).



Aquí tedes o programa da Semana da Ciencia 2011 no Liceo de Pontevedra

¡NORABOA A TODOS E MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

16 oct 2011

EMILIO VARELA EN COMPAÑÍA, COS VOLCÁNS E AGADANA

O venres 14 de outubro, Emilio Varela impartiu unha conferencia sobre os volcáns para os alumnos de 1º e 2º de bacharelato. Foi unha xornada intensa e apaixoante que durou máis de tres horas, na que aprendimos moitísimo sobre estes fenómenos naturais. Emilio Varela transmitiu con gran intensidade a súas gañas de ensinar aos demais todo aquilo que fai estudando o medio natural que é a súa paixón. Esta actividade foi financiada pola Asociación de Pais do colexio, a quen lle agradecemos o seu apoio.



¡GRAZAS EMILIO!

10 oct 2011

PRÓXIMA CONFERENCIA

O vindeiro venres 14 de outubro, os alumnos de 1º e 2º de bacharelato disfrutarán dunha xornada científica adicada aos fenómenos vulcanolóxicos, impartida polo periodista Emilio Varela, gran coñecedor do medio natural.

14 jun 2011

VIII EXPOSICIÓN DE AGADANA

Estades tod@s convidados a visitar a exposición de AGADANA que contén os traballos d@s alumn@s de infantil, primaria e 1º ciclo de ESO. Estará aberta desde o mércores 15 ata o luns 20 de xuño, en horario de 4 a 7 da tarde. ¡Esperámosvos!

5 jun 2011

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño, é o Día Mundial do Medio Ambiente:
temos que cambiar, empezando por cada un de nós...
¡Mirade estos videos!



1 may 2011

DÍA MUNDIAL DA TERRA

Como todos os anos, o día 22 de abril foi o Día Mundial da Terra.  Coas vacacións de semana santa non puidemos celebralo dunha maneira especial no cole, por iso, desde AGADANA non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrarvos a importancia que ten que tod@s poñamos da nosa parte para protexer e coidar o NOSO PLANETA que é A NOSA CASA.   ¡Mirade este video. Espero que vos emocione!


16 abr 2011

3º C TRANSPLANTA O MILLO

O venres 15 de abril @s alumn@s de 3º C de E. Primaria foron transplantar o millo.                       


1 abr 2011

PREPARACIÓN DA HORTA ESCOLAR (I)

O xoves 31 de marzo, @s alumn@s de 1º B e C da ESO prepararon a terra da horta para poder plantar no mes de maio. Airearon as parcelas, botaron terra "boa" e ademáis botamos abono orgánico natural para enriquecer a nosa horta.      
¡Mirade como o pasaron e o ben que o fixeron!


PREPARACIÓN DA HORTA ESCOLAR (II)

Velaiquí máis fotos da tarde do xoves 31 de marzo.                                 

31 mar 2011

XERMINACIÓN EN PRIMARIA

¡Xa están brotando algunhas sementes en primaria:
as espinacas, os tomates, o repolo, as acelgas,...! ¡MIRADE!
                             

30 mar 2011

¡NORABOA LAURA!

LAURA VECINO, alumna de 4º C da ESO é unha das gañadoras do concurso convocado polo Parque Nacional Illas Atlánticas. O seu premio consistirá nunha viaxe ás Illas Cíes para ela e dous acompañantes e se realizará nun fin de semana do mes de maio.
¡BEN FEITO LAURA, NORABOA!

28 mar 2011

¡GRAZAS A TOD@S POR APOIAR "A HORA DO PLANETA"!
Clica na imaxe e poderás ver o video resumo da campaña do día 26 de marzo.

27 mar 2011

XERMINACIÓN EN INFANTIL

¡Xa están a xerminar os semilleiros d@s alumn@s de E. Infantil de 3 anos! ¡Mirade!
As fotos son do venres 25 de marzo, unha semana despois da sementeira.

26 mar 2011

26 de MARZO: ¡A HORA DO PLANETA!

¡ Non o esquezas ! Hoxe, de 20:30 a 21: 30 h. é a hora do planeta.
 ¡ AGADANA ESTÁ COA HORA DO PLANETA !   ¡ APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA !
wwfLogoearhHourLogowww.horadelplaneta.es