Os alumnos de 6º de primaria realizaron a visita ao Centro de Educación Ambiental NATURNOVA o venres 27 de abril. Estas son as fotografías da súa visita:
O vindeiro luns 30 de abril os alumnos de 1º e de 2º de ESO recibiredes unha charla sobre os danos do tabaco sobre a saúde. Será impartida pola Dra. Victoria Aldea, que nos últimos anos nos ven visitando grazas á participación no concurso "Clases sen Fume" da Xunta de Galicia.
Hoxe, foron enviados por correo os debuxos dos alumnos de 1º e 3º da ESO, participantes no concurso "O monte é a nosa vida", organizado por CONFEMADERA Galicia.
Tamén é un concurso de fotografía para todos os alumnos de Educación Secundaria de Galicia. Animádevos a participar. Tedes ata o 4 de maio. Visitade este enlace: http://www.facebook.com/photo.php?
Os alumnos de 5º de primaria participaron ao longo das mañáns dos días 12 e 13 de abril da actividade interactiva levada a cabo polas guías do Parque Nacional Illas Atlánticas no colexio. Esta actividade foi otorgada a estes rapaces pola súa participación previa nun concurso de cómic sobre as Illas, do que foron gañadores. Ademáis de aprender moito máis sobre o noso Parque Nacional nestas xornadas didácticas, todos os alumnos de 5º disfrutarán dunha visita gratuita ás Illas Cíes o vindeiro martes 24 de abril.
De volta das vacacións de Semana Santa, os alumnos de 1º e 2º, por unha banda, e de 3º e 4º de ESO, pola outra, recibiron sendas charlas sobre os incendios forestais, impartidas por José Luis de la Fuente, pertencente ao SEPRONA.
O 31 de marzo foi a HORA DO PLANETA, unha proposta de WWF para tratar de concienciar ás persoas da importancia do coidado da Terra. Máis de 6.500 cidades apagarán a luz hoxe en todo o mundo.