25 dic 2014

21 dic 2014

RECICLAMOS O NADAL

Un grupiño de alumn@s de bacharelato e eu fixemos durante este mes un obradoiro de reciclaxe de envases de iogur para transformalos en adornos de nadal.
Elaboramos 240 REIS MAGOS adornados con telas, papel e cinta de regalo.
O venres 19, os colaboradores de AGADANA de bacharelato levaron os adornos a infantil
 e entregaron un a cada nen@ e a cada profe.

BO NADAL PARA TOD@S!


17 dic 2014

ESTADE ATENT@S...

O DÍA DE NADAL ENTRADE NESTE BLOG E DESCUBRIREDES
ALGO MOI ESPECIAL PARA TOD@S E CADA UN DE VÓS.

BO NADAL!!

2ª ENTREGA DE TAPÓNS

HOXE, ENTREGAMOS 8 SACOS MÁIS DE TAPÓNS DE PLÁSTICO.
GRAZAS A TOD@S!

2 dic 2014

CHARLAS DO SEPRONA

Onte, os alumnos de 3º e 4º e os de 5º e 6º de Primaria tiveron sendas charlas sobre a prevención de incendios forestais. Foron impartidas polo Sarxento Braña da Garda Civil, do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA).