3 dic 2012

6º DE E.P. EN KIRIKO

Os alumnos de 6º A e 6º B de E.P. disfrutaron dunha xornada completa de aventura na granxa KIRIKO o xoves 29 de novembro. A actividade, "Aventúrate en verde" estivo totalmente subvencionada pola Deputación de Pontevedra. Os nosos rapaces puideron entender como cazan os animais, como se comportan ante situacións de perigo, etc. Fixeron rutas de orientación, tiro con arco, visitaron toda a granxa, etc. 
Esta é a montaxe  das aventuras...

2 dic 2012

EXPO PRESTIGE

Os alumnos de 6º C de E. Primaria visitaron a exposición sobre o Prestige, 10 anos despois, que se atopa no Museo Marco, o día 30 de novembro.







30 nov 2012

MAGOSTO 2012

Velaiquí tedes as montaxes fotográficas da tarde do venres 23 de novembro. Vaia festa!





25 nov 2012

MAGOSTO 2012

Hola a tod@s! Adiántovos algunha foto do Magosto celebrado o venres 23 de novembro. Cando teña todas as fotas prepararei as montaxes para que disfrutedes delas. Tivemos a sorte de que nos acompañaron as previsións meteorolóxicas e non choveu ata que rematou a festa, ainda que tivemos un pequeno susto...
GRAZAS A TOD@S OS PROFES E COLABORADORES DE ESO E BACHARELATO!


 



23 nov 2012

OBRADOIRO "OS NOSOS BOSQUES"

O xoves 22 os alumnos de 1º da ESO disfrutaron aprendendo sobre os froitos, follas e outras curiosidades das árbores autóctonas galegas. Unha actividade gratuita do Servivio de Normalización lingüística impartida polos técnicos medioambientais do Concello de Vigo no colexio.

19 nov 2012

ENERXÍA 3D

@s alumn@s de 3º e 4º de ESO disfrutaron da proxección da película ENERXÍA 3D nos cines da Plaza elíptica, o xoves 15 de novembro. O tema central da mesma era dar a coñecer os distintos tipos e usos das enerxías, renovables e non renovables, e a maneira de conseguir o máximo aforro enerxético.


  

Logotipo Ministerio de industria, energía y turismo. Logotipo IDAE. Compromiso público con la Eficiencia Energética y las Energías Renovables


7 nov 2012

AGADANA + BIBLIOTECA

Desde este mes e aplicando o obxectivo deste curso escolar ("Tender a man"), a Biblioteca do colexio e Agadana presentarán os compromisos ecolóxicos do grupo cunha exposición de obras literarias e didácticas para convidar a alumn@s e profes a visitar a biblioteca na búsqueda de información e coñecemento.
"Biblioteca e Agadana xuntas"