12 abr 2014

FLORES DE CORES

En ciencias da natureza de 1º ESO experimentamos con aditivos alimentarios de diversas cores diluidos na auga para comprobar como as flores absorbían auga a través do seu talo. As puxemos nos tubos de ensaio o 4 de abril, así:


Estas son as fotos das flores o 7 de abril. Parece que levan puntilla de encaixe:


Dous días máis tarde, o 9 de abril:


E estas outras as do venres 11 de abril, día no que as levamos para casa:



11 abr 2014

"E SE CHOVE... QUE CHOVA!"

Esta é a exposición das maquetas do "Ciclo da Auga" que fixeron os alumnos de 1º de ESO nas clases de Ciencias da Natureza.


2 abr 2014

ACCIÓN MEDIOAMBIENTAL 4º ESO

Para realizar unha acción medioambiental no marco do programa VOZ NATURA deste curso (Rios e praias en boas mans), AGADANA organizou unha saída cos alumnos de 4º ESO ao Río Lagares. Grazas aos monitores e os voluntarios do programa Camiño a camiño do Concello de Vigo aprendimos que hai moitas especies de plantas invasoras nas beiras deste río. Pero tivemos moi mala sorte co tempo e non paraba de chover, así que tivemos que acortar a estancia con este grupo de voluntarios e monitores tan amables e con tanta experiencia...
Unha lástima! Outra vez será! Espero...!




1 abr 2014