1 may 2011

DÍA MUNDIAL DA TERRA

Como todos os anos, o día 22 de abril foi o Día Mundial da Terra.  Coas vacacións de semana santa non puidemos celebralo dunha maneira especial no cole, por iso, desde AGADANA non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrarvos a importancia que ten que tod@s poñamos da nosa parte para protexer e coidar o NOSO PLANETA que é A NOSA CASA.   ¡Mirade este video. Espero que vos emocione!


16 abr 2011

3º C TRANSPLANTA O MILLO

O venres 15 de abril @s alumn@s de 3º C de E. Primaria foron transplantar o millo.                       


1 abr 2011

PREPARACIÓN DA HORTA ESCOLAR (I)

O xoves 31 de marzo, @s alumn@s de 1º B e C da ESO prepararon a terra da horta para poder plantar no mes de maio. Airearon as parcelas, botaron terra "boa" e ademáis botamos abono orgánico natural para enriquecer a nosa horta.      
¡Mirade como o pasaron e o ben que o fixeron!


PREPARACIÓN DA HORTA ESCOLAR (II)

Velaiquí máis fotos da tarde do xoves 31 de marzo.                                 

31 mar 2011

XERMINACIÓN EN PRIMARIA

¡Xa están brotando algunhas sementes en primaria:
as espinacas, os tomates, o repolo, as acelgas,...! ¡MIRADE!
                             

30 mar 2011

¡NORABOA LAURA!

LAURA VECINO, alumna de 4º C da ESO é unha das gañadoras do concurso convocado polo Parque Nacional Illas Atlánticas. O seu premio consistirá nunha viaxe ás Illas Cíes para ela e dous acompañantes e se realizará nun fin de semana do mes de maio.
¡BEN FEITO LAURA, NORABOA!

28 mar 2011

¡GRAZAS A TOD@S POR APOIAR "A HORA DO PLANETA"!
Clica na imaxe e poderás ver o video resumo da campaña do día 26 de marzo.