15 ene 2012

RETOS PARA 2012

Non deixedes de ver esta presentación creada por WWF para comenzar con boas propostas ecolóxicas este novo ano 2012. 
¡FELIZ ANO NOVO A TOD@S!

6 dic 2011

1º e 2º ESO PLANTA CASTAÑAS

O pasado luns, día 5, @s alumn@s de 1º e 2º ESO plantaron as súas castañas nos tetrabriks, que reutilizaron como macetas. Estas plantacións, así como as de infantil e primaria, forman parte das actividades deste curso do noso Proxecto para Voz Natura.

4 dic 2011

PLANTACIÓN DE CASTAÑAS EN INFANTIL Y PRIMARIA

O venres 2 de decembro, pola tarde, fixemos as plantacións de castañas en tetrabriks cos alumnos de educación infantil. Participaron nesta xornada 40 colaboradores de AGADANA de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de BCHTO. Fixádevos nas fotos, todos o pasaron fenomenal, "pequenos" e"grandes". Tanto é así que ao rematar cos máis cativos, un grupo de colaboradores quixo subir a axudar a tres clases de 1º e 2º de primaria que estaban tamén coa mesma tarefa.
¡MOITAS GRAZAS A TODOS POLO VOSO INTERESE!

30 nov 2011

2º DE ESO NA GRANXA KIRIKO

O pasado xoves 24 de novembro, @s alumn@s de 2º de ESO disfrutaron dunha actividade medioambiental en plena natureza, na Granxa Kiriko, en Fornelos de Montes:
 "A xuventude pola sostenibilidade".
Pasárono de maravilla e aprenderon moitas curiosidades sobre o medio natural,
como podedes comprobar nas seguintes montaxes fotográficas.