
23 dic 2012
FELICITACIÓN DE AGADANA
AGADANA VOS DESEXA UN BO E ECOLÓXICO NADAL E UN ANO NOVO REPLETO DE RRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRR´S


FELICITACIÓN DE VOZ NATURA
O equipo Voz Natura deséxavos unhas moi felices festas e que os vosos soños e metas fáganse realidade no 2013!! ¡¡Feliz e ecolóxico Nadal!! ![]() |
3 dic 2012
6º DE E.P. EN KIRIKO
Os alumnos de 6º A e 6º B de E.P. disfrutaron dunha xornada completa de aventura na granxa KIRIKO o xoves 29 de novembro. A actividade, "Aventúrate en verde" estivo totalmente subvencionada pola Deputación de Pontevedra. Os nosos rapaces puideron entender como cazan os animais, como se comportan ante situacións de perigo, etc. Fixeron rutas de orientación, tiro con arco, visitaron toda a granxa, etc.
Esta é a montaxe das aventuras...

2 dic 2012
EXPO PRESTIGE
Os alumnos de 6º C de E. Primaria visitaron a exposición sobre o Prestige, 10 anos despois, que se atopa no Museo Marco, o día 30 de novembro.
30 nov 2012
25 nov 2012
MAGOSTO 2012
Hola a tod@s! Adiántovos algunha foto do Magosto celebrado o venres 23 de novembro. Cando teña todas as fotas prepararei as montaxes para que disfrutedes delas. Tivemos a sorte de que nos acompañaron as previsións meteorolóxicas e non choveu ata que rematou a festa, ainda que tivemos un pequeno susto...
GRAZAS A TOD@S OS PROFES E COLABORADORES DE ESO E BACHARELATO!

23 nov 2012
OBRADOIRO "OS NOSOS BOSQUES"
O xoves 22 os alumnos de 1º da ESO disfrutaron aprendendo sobre os froitos, follas e outras curiosidades das árbores autóctonas galegas. Unha actividade gratuita do Servivio de Normalización lingüística impartida polos técnicos medioambientais do Concello de Vigo no colexio.
19 nov 2012
ENERXÍA 3D
7 nov 2012
AGADANA + BIBLIOTECA
Desde este mes e aplicando o obxectivo deste curso escolar ("Tender a man"), a Biblioteca do colexio e Agadana presentarán os compromisos ecolóxicos do grupo cunha exposición de obras literarias e didácticas para convidar a alumn@s e profes a visitar a biblioteca na búsqueda de información e coñecemento.
"Biblioteca e Agadana xuntas"

1 sept 2012
Para empezar un novo curso con ilusión: ¡CELEBRA A VIDA!
Xa se acerca o comenzo do novo curso e quérovos saudar con este video que atopei e que contaxia a ilusión en todos os campos da nosa vida. Espero que o disfrutedes. ¡Bicos!

5 jul 2012
¡FELICES VACACIÓNS, FELIZ VERÁN!
¡Disfrutade do merecido descanso despois dun curso escolar cheo de tantas actividades e tanto traballo que cada un soubo desenvolver con estusiasmo e esforzo!
¡Non esquezades disfrutar da natureza e coidala alí onde vaiades!
¡Bicos e apertas para tod@s, e MOITAS GRAZAS pola vosa implicación!
Marta
2 jul 2012
21 jun 2012
ENTREGA DE PREMIOS CONCURSOS DE DEBUXO E REDACCIÓN
Onte, Inés Cardero e Marta Perdiz recibiron os seus premios por ser gañadoras do concurso de redacción "Life-O monte vivo", e do concurso de debuxo "O monte é a nosa vida", respectivamente. Un representante de ASEFOGA e outro da Xunta fóron ao colexio as 11 da mañá para entregar o regalo a Inés (un libro electrónico) e as 12, no IES Casares de Vigo, O Sr. Conselleiro de Educación fixo o mesmo con Marta (unha cámara de fotos dixital).¡Mirade as fotos!

19 jun 2012
INÉS CARDERO, GAÑADORA DO CONCURSO DE REDACCIÓN
Mañá, mércores 20 de xuño, INÉS CARDERO NERI, de 1ºA de ESO, recibirá un premio por ser a gañadora do concurso de redacción "Life-O Monte Vivo", organizado por Asefoga, Sylvanus e a Consellería de Medio rural e do Mar, da Xunta de Galicia. O concurso foi promovido por AGADANA e estaba dirixido a alumnos de 13 a 14 anos.
¡INÉS, NORABOA POLO TRABALLO BEN FEITO!


17 jun 2012
EXPOAGADANA 2012
Dende o mércores 13 de xuño ata o mércores 20, incluido, podedes visitar a exposicón de fin de curso de AGADANA. Atópase no 1º andar do pavillón de primaria.
O horario de visita para os pais é pola tarde de 5 a 8.
¡Non vola perdades! ¡Votade unha ollada nestas montaxes!

12 jun 2012
EXPOSICIÓN AGADANA 2011-12
Xa estamos montando a exposición de remate do curso ecolóxico 2011-12, no que tivemos moitísimas actividades. ¡AGARDÁMOSVOS!

7 jun 2012
INFORME PLANETA VIVO-WWF 2012
Clica neste enlace para entrar na web de WWF-Adena e infórmate de como está a situación medioambiental no noso planeta:

5 jun 2012
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
¡Ola a tod@s!
Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente e dende AGADANA queremos lembrar a importancia do coidado do noso contorno, a riqueza do mesmo e que nas nosas mans temos a chave da porta cara un futuro sustentable.
Mira todo o que podemos facer:

30 may 2012
A HORTA ESCOLAR NO FARO DE VIGO
O martes 29 maio no suplemento do Faro de Vigo, "A escola do Faro", publicouse unha reportaxe sobre a horta escolar Agadana. A podedes atopar polas corredoiras e nos taboleiros de anuncios das entradas do colexio. Se picades neste enlace veredes a versión dixital:
28 may 2012
MARTA PERDIZ, 2º PREMIO CONCURSO DE DEBUXO
Hoxe soubemos que Marta Perdiz, de 3º C de ESO, é a gañadora do segundo premio do concurso de debuxo "O monte é a nosa vida". Estamos á espera de que veñan ao colexio para facerlle entrega do seu premio.
¡NORABOA MARTA!


24 may 2012
CONCURSO Life + O monte vivo
O pasado día 21 finalizou o prazo para presentar traballos de redacción e de debuxo sobre o monte como tema central. O concurso de redacción era para estudantes de
13-14 anos e o de debuxo para os de 6 a 12 anos. Esperamos que teñades moita sorte e ...
¡Noraboa polos vosos traballos!
Picade neste enlace: http://www.lifeomontevivo.org/


23 may 2012
PLANTAMOS NA HORTA - 8ª XORNADA
Velaiquí o derradeiro turno de plantación: os alumnos de 6ºC-E.P. (Silvia)
remataron a súa parcela transplantando fabas de Mos.

21 may 2012
PLANTAMOS NA HORTA - 7ª XORNADA
Hoxe, luns día 21 de maio, os alumnos de 6º B (Rosalía) e 6º A (Mª Eugenia) de E. Primaria baixaron á horta a plantar cabaciñas. Tivemos unha tarde algo poallenta pero no momento de estar fóra aguantou sen chover. Mirade como quedou a parcela.
Só falta 6º C que baixa o martes a primeira hora.

20 may 2012
VISITA ÁS ILLAS CÍES DE 5º DE PRIMARIA
¡Por fin, por fin, por fin ... e á cuarta foi a vencida!
Despois de tres citas anuladas por razóns climatolóxicas, os alumnos de 5º de primaria e os seus profesores puideron disfrutar desta marabillosa viaxe cara a estas illas paradisiacas o venres 18 de maio. Ademáis, lembrade que as tres aulas de 5º participaron nun concurso de cómics do programa do Parque Nacional das Illas Atlánticas e gañaron como premio a excursión a Cíes. Alí percorreron as illas guiados polo persoal do parque e tiveron un día perfecto.
¡NORABOA POLO PREMIO!

19 may 2012
VISITAMOS O CAMPUS UNIVERSITARIO
O venres 18 de maio todos os alumnos de 1º de bacharelato disfrutaron dunha xornada matinal para coñecer a flora e a fauna do Campus da Universidade de Vigo, situado na zona de Lagoas-Marcosende (Parroquia de Zamáns). Fixemos dous itinerarios polo monte guiados por catro xóvenes licenciados nas áreas de bioloxía, ciencias ambientais e enxeñería forestal. Por certo, un deles, Jacobo Rúa, é un antigo alumno do colexio, da promoción de 2º de bacharelato 2003-04. Entre os catro nos explicaron os distintos tipos de especies vexetais máis habituais na zona e os animais que nos poderíamos atopar por alí, como coellos, raposos, ras, tartarugas e culebras varias. Tamén nos contaron as diversas medidas de actuación para a reforestación do entorno e a diminución dos impactos ambientais que a construcción da Universidade provocou neste tempo.
Tivemos unha mañá algo poallenta, pero como poderedes comprobar nas montaxes
fotográficas o pasamos moi ben e aprendimos moito.

TRANSPLANTAMOS OS SEMENTEIROS - 6ª XORNADA
O venres 18 de maio pola tarde transplantamos as acelgas de 5ºA-E.I. (Sara) e os pementos de 6ºA-E.I. (Pili). ¡Haberá que probalo todo...!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)