19 may 2012

VISITAMOS O CAMPUS UNIVERSITARIO

O venres 18 de maio todos os alumnos de 1º de bacharelato disfrutaron dunha xornada matinal para coñecer a flora e a fauna do Campus da Universidade de Vigo, situado na zona de Lagoas-Marcosende (Parroquia de Zamáns). Fixemos dous itinerarios polo monte guiados por catro xóvenes licenciados nas áreas de bioloxía, ciencias ambientais e enxeñería forestal. Por certo, un deles, Jacobo Rúa, é un antigo alumno do colexio, da promoción de 2º de bacharelato 2003-04. Entre os catro nos explicaron os distintos tipos de especies vexetais máis habituais na zona e os animais que nos poderíamos atopar por alí, como coellos, raposos, ras, tartarugas e culebras varias. Tamén nos contaron as diversas medidas de actuación para a reforestación do entorno e a diminución dos impactos ambientais que a construcción da Universidade provocou neste tempo.
Tivemos unha mañá algo poallenta, pero como poderedes comprobar nas montaxes
fotográficas o pasamos moi ben e aprendimos moito.


No hay comentarios:

Publicar un comentario