A NOSA ALUMNA IREA GARCÍA (3º ESO) RESULTOU GAÑADORA DO PREMIO DA CATEGORÍA INDIVIDUAL (subcategoría artística) CO COLLAGE QUE TEDES NESTA FOTOGRAFÍA.
E ESTA É A EXPLICACIÓN DO SEU TRABALLO QUE PRESENTARÁ EN SANTIAGO:
"O monte é a nosa vida"
Seguindo a idea básica do concurso, "O monte é a nosa vida", pensei en representar dun xeito orixinal tres elementos esenciais: o bosque, os animais e nós, o home, empregando lapis de cores e recortes de revista.Para conseguir iso, centrei a composición nunha árbore feita cun "collage" de diversos tipos de madeira, representando o conxuntas das árbores pero, sen lugar a dúbida, a característica máis singular deste elemento é a maneira na que está disposto: Se é mirado de xeito vertical, que é a dirección na que están as nubes, trátase simplemente dunha árbore, máis se o observamos horizontalmente, convertese nun lugar de descanso, lecer ou xogos para os seres vivos que o rodean.
IREA GARCÍA FERNÁNDEZ
A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ O MÉRCORES 4 DE XUÑO NA
CIDADE DA CULTURA DE SANTIAGO ÁS 11 HORAS.
NORABOA IREA!

No hay comentarios:
Publicar un comentario