13 oct 2014

CONFERENCIA DE EMILIO VARELA

O venres 10 de outubro os alumnos de 3º-4º ESO e os de 1º-2º BCHTO. tiveron unha xornada matinal de conferencia, proxección e coloquio impartida por Emilio Varela,
periodista especializado en temas medioambientais e que xa estivo noutras ocasións con nós.
A charla titulada "OURO IMPURO", tivo como obxectivo informar, mentalizar e concienciar a todos os que alí estabamos sobre o dano da megaminería industrial na nosa terra. As posibles explotacións de ouro na zona norte galega quedaron paralizadas grazas ás mobilizacións do pobo.


Actividade subvencionada pola ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario